martes, 31 de marzo de 2015

I Simposio Internacional - Aprendizaxe-Servizo na Educación Superior: Innovación, calidade e institucionalización.

A Escola Galega de Administración Pública acollerá o próximo 27 de maio o I Simposio Internacional Aprendizaxe-Servizo na Educación Superior: Innovación, calidade e institucionalización que organiza o grupo de investigación Esculca da Universidade de Santiago de Compostela e que estará dirixido ao profesorado das tres universidades galegas.

Os obxectivos desta actividade son analizar as posibilidades da aprendizaxe-servizo no marco do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), promover o coñecemento e a reflexión en torno á aprendizaxe-servizo nas universidades de Galicia, estudar posibles estratexias de incorporación e/ou institucionalización da aprendizaxe-servizo na Educación Superior e coñecer experiencias de aprendizaxe-servizo desenvolvidas, ou en desenvolvemento, nas universidades de Galicia.

O prazo de inscrición abrirase durante o mes de abril na páxina web da EGAP.

Toda a información en: www.usc.es/esculca e en  egap.xunta.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario