Que é a ApS?

Que é?                                                                     
É unha práctica educativa na cal as persoas aprenden mentres actúan sobre necesidades reais da contorna coa finalidade de melloralo.

Como se practica?                                                  
Na aprendizaxe-servizo os distintos colectivos identifican na súa contorna, e desde unha perspectiva crítica, unha necesidade social, ambiental ou cultural coa cal conectan e sensibilízanse, pasando ademais á acción: comprométense a mellorar algunha situación, desenvolvendo un proxecto solidario do cal se sinten protagonistas.
Todo iso pon en xogo coñecementos, habilidades, actitudes e valores, suscitando ademais necesidades de aprendizaxe nos implicados. Por iso a aprendizaxe-servizo é un proxecto educativo con finalidade social.

Que aprendizaxes promove?                              
Competencias básicas: activa o exercicio de todas as competencias do individuo, con énfasis na competencia social e cidadá na iniciativa e autonomía persoal.

Valores e actitudes pro-sociais: estimula o esforzo, a responsabilidade e o compromiso solidario.


Habilidades para a vida: fortalece as destrezas psicosociais e a capacidade para participar na vida social dun xeito positivo e proactivo.




Para quen é útil?                                                    
Para os participantes: favorece a aprendizaxe significativa, mellora a motivación e os resultados académicos e promove o seu desenvolvemento persoal e social.

Para o profesorado do ensino obligatorio: concreta a educación para a cidadanía, facilita a avaliación das competencias básicas, mellora a convivencia no aula e favorece a relación entre escola e comunidade.

Para o profesorado do ensino superior: concreta a adquisición de competencias e habilidades transversais necesarias para a adquisición do título de grado en calquera ámbito, promove as sinerxias entre a institución educativa e o tecido asociativo e empresarial da súa contorna favorecendo o desenvolvemento de proxectos de investigación-acción que poden mellorar a empleabilidade de futuros egresados e incidir na mellora das propostas e programas das institucións coas que colabora.

Para as organizacións sociais: difunde os seus valores e as causas que promoven e reforza a súa acción transformadora.

Para a comunidade: mellora as condicións de vida das persoas, reforza o sentimento de pertenenza dos seus membros e estimula a participación cidadá.

Tipos de proxectos solidarios á comunidade       

Os principais tipos de proxectos solidarios de servizo á comunidade son:

1. Ensinar coñecementos e habilidades a outras persoas: reforzo escolar, clases de lingua para recentemente chegados, alfabetización dixital, etc.

2. Axudar a persoas que se atopan dificultades: persoas en risco de exclusión, persoas inmigradas, persoas con discapacidades físicas ou psíquicas, etc.

3. Organizar actividades colaborando con persoas maiores: recuperación da historia local, etc.

4. Colaborar na preservación do medio ambiente: recuperación de zonas deterioradas, aforro enerxético, coidado da fauna/flora do territorio, etc.

5. Dinamizar actividades cívicas ou culturais para todos: actividades ínter-culturais, campañas cívicas, dinamización de festas populares, etc.

6. Colaborar na conservación do patrimonio cultural: tarefas de conservación e difusión do patrimonio arquitectónico, histórico, artístico, etc.

7. Participar en campañas de solidariedade e cooperación: recollida de fondos para causas humanitarias, defensa dos dereitos humanos, etc.

8. Promover a saúde e a prevención de riscos: difusión de estilos de vida saudables, prevención de adicciones, campañas de donación de sangue, etc.

9. Sensibilizar á poboación a través dos medios de comunicación: revistas, programas de radio ou televisión, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario